Na zona da Croa na
parroquia de Ribadetea, polos redores do campo de fútbol ata o río, atópanse un
dos xacementos arqueolóxicos maiores do concello, os restos da explotación
mineira romana da Croa.
Vista a un dos canles principais.
Tratase dunha
antiga mina romana (fai entre 2.000 e 1.500 anos) de grandes dimensións, nela
seguramente traballaban a maioría dos habitantes do castro da Croa que esta moi
preto. Na mina da Croa atopamos moi vistosamente restos de alteracións no
entorno con profundos foxos e parapetos que foron erosionados polas correntes
da augas en forma de canles e van a dar o río. O método dos romanos usaron no
Tea para extraer os recursos e a clásica “ruina montium”, usada tamén nas
famosas Medulas, no Bierzo. Este método consiste en mover grandes correntes de
auga do río arrastrando con elas os minerais, logo embalsamar estas, quedando
así depositados os recursos pesados, e por último sacar a auga embalsada
sobrante por as canles de desaugue que volven o río.
Na Croa atopamos restos
de tres grandes canles de desaugues con varias ramas cada un, logo na zona sur
tamén hai restos de canles pero moito menos marcados pois esa zona foi máis alterada
artificialmente co paso dos séculos (plantacións de arbores, unha granxa, leiras).
En canto os restos da zona onde se embalsaban as augas seguramente seria na
zona do campo de fútbol e seus redores, pois topamos restos de alteracións nios
montes que rodean o campo en forma de contención dos redores do mesmo, aparte
de que o propio campo de fútbol sempre foi un barrizal o igual cos redores sen
ter regatos que desborden augas. Mesmo e posible que coa propia auga da mina puideran
encharcar varios foxos do castro da Croa, como mostran algunhas alteracións moi
preto do castro que case morren no parapeto defensivo do propio asentamento
castrexo.
Engadir que na zona da Croa en Ribadetea,
posiblemente nos topemos coa maior zona arqueolóxica do concello, comprendidas
na ribeira do Tea de forma consecutiva de norte a sur polo magnifico castro
mineiro da Croa que data da mesma época, logo a explotación mineira da Croa e a
seguir duns posibles restos de outro pequeno asentamento parapetado e
fortificado que posiblemente correspondan a un novo castro de pequenas
dimensións, no cal o autor do blogue esta realizando estudos para poder
determinar a súa orixe e tipo de asentamento.
Vista a un canle dende a estrada que bordea o campo de fútbol.
No río Tea non e o
único resto de explotación de recursos, senón que só é a continuación dunha
rede de explotacións que van dende a esta da Croa ata os restos da Mina das
Covas en Moreira baixo a ponte da autoestrada das Rías Baixas. Así atopamos polo
de agora entre estas a da Barxamoura, A Freixa, A Moscadeira e A Ribeira, sendo
nese período o Tea unha importante rede de explotacións mineiras, seguramente
auríferas (Ouro).
A zona sur atopase moito menos marcados os canles por difentes alteracións artificiais máis actuais.
FICHA TÉCNICA
Tipo de ben: Explotación mineira (mina)
Lugar: A Croa, Ribadetea (Ponteareas)
Cronoloxía: Romana
Propiedade: Privada (varios donos)
Catalogado pola
Xunta: Non
Protexida pola
Xunta: Non
Estado de
conservación: Bastante bo, máis
alterada pola parte sur da explotación e na ribeira do Tea polas antigas leiras
agrícolas.
Tradición Oral: Moi preto dela, na zona do pozo da Croa (no río Tea, pegado
o castro da Croa, seguramente restos do embarcadoiro deste) hai a seguinte
lenda, “din que en tempos dos mouros
dentro do pozo da croa escondían tesouros e ouro, para logo levalos de alí”.
Tamén na praia fluvial
da croa conservase a seguinte lenda; “Baixo
as augas da Croa din que hai agachada unha grade de ouro”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario