Tipo de ben: Ponte Lugar:
Lantón (entre Ribadetea e Padróns)
Cronoloxía: Descoñecida Propiedade:
Publica
Descrición:
Antiga ponte empedrada que cruzaba o río Cillarga unindo
as parroquias de Ribadetea (zona das Pasandas) con Padróns (zona Chan da Gandara) polo camiño primitivo principal máis cercano o Tea. A cronoloxía, mesmo
que ten trazos e marcas dos carros máis contemporáneos pode ser moi anterior. A
estrutura pétrea e moi simple, con cachotes graníticos e unha base sobre o río
Cillarga sendo súa superficie empedrada. Ten no mesmo tres postes a cada lado que serven de
protección. Perdeu seu uso cando se construíu máis arriba a ponte nova de
Lantón na estrada que une Ponteareas con Pazos de Borbén.
Catalogado pola xunta: Non esta no catalogo.
Estado de conservación: Bo estado, aínda hoxe se usa de paso. O seu entorno esta
moi preto da ribeira do Tea tendo unha gran riqueza natural. Tamén moi preto están os pasos de gelas tamén sobre o río cillarga, posiblemente anteriores a ponte.
Outra foto da ponte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario