O penedo da Sartén fai de linde natural entra as parroquias pontareáns de Cristiñade e Guláns. chamase así debido a súa forma semicircular e ter na superficie unha cavidade con desaugue a cal non parece natural, tendo así unha forma similar a unha sartén.
A pedra nai granítica mide 2,20 x 2 metros, sobresaíndo do chan 1 metro, nun dos seus lados pareceu un petróglifo con forma cruciforme, orientado norte-sur e rematando na súa parte sur nun triangulo. as súas medidas son 24 por 15 cm.
Pola súa forma de cruz sempre pensouse que seu orixe era recente, o cal a súa función era marcar o límite entre as parroquias de Cristiñade e Guláns. Pero máis recentemente atopouse polos seus redores restos cerámicos que parecen anteriores a idade de ferro, a iso engadirlle que a cavidade da cima da rocha non parece alterado naturalmente pode dar pe a outras hipóteses, non do petróglifo en si, senón do que puido haber os seus redores. Tamén destacar a súa forma triangular o final da cruz.
FICHA TÉCNICA
CLAVE DE IDENTIFICACIÓN (D.X.P.): GA360420102
PARROQUIA CONCELLO: GULÁNS (San Xulián) / CRISTIÑADE (San Salvador) PONTEAREAS
U.T.M. COORDENADAS. XEOGRÁFICAS: LONX.: 08º 32' 39'' LAT.: 42º 08' 31''
ALTITUDE (m. s.n.m.) : 275 metros
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA: LUGAR CON REPRESENTACIÓN
GRÁFICA AR LIBRE
GRÁFICA AR LIBRE
DATACIÓN: MODERNO/CONTEMPORÁNEO
CLASIFICACIÓN DO SOLO: SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
USO DO SOLO: Forestal
PROPIEDADE: Forestal Privada (mancomún)
DEBUXO DO PETROGLIFO FEITO POLO AUTOR
No hay comentarios:
Publicar un comentario