lunes, 8 de abril de 2013

Cultura Castrexa: O Castro, As Searas (Angoares)

Entre o casco urbano de Ponteareas e a parroquia de Angoares, máis concretamente no barrio das Searas pola parte de atrás do espazo comercial do Eroski, seguindo o camiño que por alí discorre nada máis saír da zona das casas e adentarnos no monte nos topamos con este impresionante asentamento fortificado castrexo.

Vista a entrada da principal a Croa entre os parapetos.

Este asentamento aproveita unha gran lomba que puido ser natural nun primeiro momento a cal a reforzaron  e alteraron para unha mellor defensa, nesta lomba central en forma de meseta moi parapetada e fosada polos bordes, asentaríase a zona habitacional do poboado. O redor dela a bordea un gran foxo, o cal en moitas zonas esta moi ben definido, sobre todo na cara norte e oeste, onde a súa alteración sobre o terreo e moi pronunciada interrumpindo a lomba chegando os 100 metros de longo por 40 de ancho máis ou menos medidos dende o borde superior da meseta poboacional e o outro lado. Pola cara sur e este pola contra temos aínda restos de pequenos parapetos de defensa acompañados de pequenos foxos destacando dous que chegan os trinta metros, seguramente esta zona sería a máis vulnerable defensivamente polo que construíron estas alteracións defensivas. Engadir que tamén por esta zona co avance das leiras de traballo atopase máis destruída.

O espazo habitacional situado na lomba principal, e totalmente chan na cima e ten restos de antigos postes e pastas de divisións agrarias. Ten unha lonxitude de 110 metros por 60 metros.
Ten dous camiños principais de acceso a esta acrópole ou croa, e un secundario pola cara norte. destacar o que se atopa máis preto do camiño, pois cando escavaron para este acceso deixaron a vista resto pétreos que poden tratase ou ben de muros defensivos ou de vivendas.

En canto as zonas máis afectadas por destrución, destacar as partes sur, este e oeste onde polo avance das leiras foron gañando terreo os parapetos defensivos destruíndo estes. Tamén no camiño que discorre pódese ver perfectamente como atravesaron un parapeto para a construción deste. Por último na cara norte e oeste, pegados o camiño pódese ver restos de canteiras antigas que destruíron parte asentamento. Engadir que polo propio camiño, pódese ver restos cerámicos dispersos pola zona.

Por último dicir que este castro parece de carácter mineiro o igual que outros dos redores pola seu gran complexo defensivo. Recordar que neste tramo medio do Tea existen restos dunha sucesión importante de restos de minas romanas de extracción de recursos primarios, polo que seguramente este castro sexa de cronoloxía romana. O parecer na zona norte afectada pola cantería en antano había un gran penedo circular, o cal os veciños chamaban o "penedo do castro" ou "pedra do castro". Esta a día de hoxe atopase desaparecida.

Superficie da lomba habitacional totalmente chan.
Alteracións defensivas dos parapetos e foxos na cara sur.
Impresionante foxo que interrumpe a lomba na cara norte.
Terraplén que rodea a lomba ou acrópole (croa) principal.
Restos pétreos a vista na acrópole.

FICHA TÉCNICA
CLAVE DE IDENTIFICACIÓN (D.X.P.): GA36042030
PARROQUIA: Angoares (San Pedro) - Ponteareas
 U.T.M. COORDENADAS. XEOGRÁFICAS: LONX.: 08º 30' 29'' LAT.: 42º 10' 10''
ALTITUDE (m. s.n.m.) : 35 metros
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Asentamento fortificado (Castro)
DATACIÓN: Idade de Ferro / romana
CLASIFICACIÓN DO SOLO: SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
 USO DO SOLO: Forestal e outros
PROPIEDADE: Privada (varios propietarios)
ESTADO: Estrutura defensiva en boa conservación, algunhas alteracións de destrución nas zonas parapetadas e sen escavar.

PLANO DO POBOADO

No hay comentarios:

Publicar un comentario