Fermoso, abrupto e testemuña dun rico pasado, así se pode
definir o val do río Alén ou "Costa do Alén". Situados na parroquia
de Barcia de Mera, no concello do Covelo, atopase enclavado este abrupto e
natural val que descende dende a montaña ata a máis ampla conca do Tea.
Fervenzas, rápidos,
vexetación autóctona e un amplo patrimonio fan deste enclave natural un sitio
máxico. Por aquí pasaba unha antiga calzada que aínda se conserva empedrada que
nun primeiro momento seguramente uniría a antiga cidade romana de Bracara
Augusta (Braga) con Lucus (Lugo) e as terras do norte como Iria Flavia. Pasados
os séculos tamén posiblemente utilizarían este ramal peregrinos que acudían a
cidade santa de Compostela. Posiblemente recordo disto sería a capela San Xoán
de Mosteiro, construída antes do século XII e reformada entre o 1705 e 1709.
Capela medieval de San Xoán de Mosteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario