miércoles, 10 de octubre de 2012

A Batalla de Anceu, ano 825, andalusís contra galaicos, I parte.


Situámonos no ano 825 da nosa era, na parroquia de Anceu, Ponte Caldelas, moi pretiño do encoro das Eiras, exactamente no lugar de Chan de Vilariño, onde tamén lindan as parroquias de Forzáns e Vilán (Fornelos de Montes). Aquí foi onde foi freada a primeira "aceifa" ou campaña de saqueo importante dirixida polo poder musulmán de Córdoba contra o territorio Galaico. Para comezar neste interesante recuncho da historia da nosa terra e da cal apenas hai información na rede, a que simplemente menciona a batalla. Pois imos comezar polo antecedentes a esta campaña.

ANTECEDENTES

Indo máis o pasado, no ano 711 da nosa era a Península Ibérica estaba baixo poder da tribo xermana dos Visigodos, que despois de conquistar o Reino Suevo da Gallaecia e expulsar os bizantinos de terras do sur fixéranse co total control. Pero no 711 atravesaban unha gran crise social, saídos dunha guerra civil interna onde gañou os seguidores do actual e último rei, Don Rodrigo, pola contra os derrotados partidarios witizanos buscaron axuda nun poderoso novo poder relixioso, social e militar xurdido en terras de Arabia e expandido ata o norte de África, os musulmáns. 


Estes últimos vendo a debilidade do reino Visigodo e a inestabilidade social e as continuas revoltas internas, cruzaron o estreito de Xibraltar e derrotaron os Visigodos na batalla do río Guadalete (tamén se di que foi no Barbate) no mesmo ano 711, morrendo Don Rodrigo nesta. Este foi o fin do reino Visigodo e a península pasaría a ter outro amos, os musulmáns.

Exército musulmán.


Pasados un século destes acontecementos, practicamente a totalidade da península atopase en poder musulmán, aparte disto, Abd al-Rahman I O Fuxido, proclamase emir independente de Córdoba, e dicir, que o estado musulmán da Península Ibérica faise independente do resto de estados musulmáns. Tan só, por estes anos, na franxa montañosa do norte que comprende dende o Mediterráneo ata Cantabria, máis a franxa do noroeste peninsular atopase gobernado por pequenos reinos e líderes locais cristiáns.

 Estatua de Abd al-Rahman I en Almuñecar.



Achegándonos a fecha da batalla, o Emir actual de Al-Andalus (nome que déronlle os musulmáns a Península Ibérica que evolucionou en Andalucía) era Abd al-Rahman II, bisneto do fundador clan Omeia en Córdoba.


En canto o noroeste neste século existían dous tipos de poderes. Por un lado o poder centralizador do Reino de Asturias, corte fundada por Don Pelaio despois de vencer os musulmán no ano 722 en Covadonga. Pola contra na parte máis occidental, nas terras galaicas de antiga herdanza sueva, a vida o parecer non cambiara moito, e posiblemente o contrario do que nos ensinan actualmente moitos libros, a vida dos habitantes destas terras era practicamente igual a época sueva.


As terras galaicas o parecer estaban divididas en pequenas comunidades independentes unhas das outras, unhas baixo pequenos poderes locais e líderes, mentres que outras o poder era a igrexa e o clero, con sés episcopais coma a de Iria Flavia. Estes pequenos gobernos non querían perder seus privilexios nas súas terras ante a ameaza do poder expansivo e centralizador da corte asturiana, polo que as relacións entre estes e os monarcas ástures era un constante tira e afloxa. Como mencionan moitos autores, e posible que nas primeiras repoboacións ástures en terras galaicas como Lugo ou Tui, non fosen repoboacións en si, senón máis ben campañas militares para acabar con eses poderes locais herdeiras do pasado e centrar o poder na corte asturiana.


De ser así, os pequenos nobres galegos e clero, eran en si case que propios reis das súas terras e rexeitaban tanto do poder centralizador ástur como musulmán, protexidos polas montañas e frondosos montes pasaran case inadvertidos nos desenlaces políticos do resto da península.

ANO 825, ANCEU

Recordar antes do momento da loita, que no ano 800 en terras galaicas descubrise a tumba do apóstolo Santiago, polo que estás terras comezan a gañar importanza e influenza, cousa que os musulmáns non lle interesaba en absoluto.


Posiblemente foi este un dos motivos, polo que o emir Abd-Rahman II decide enviar unha forte aceifa de castigo contra Galiza, despois de que en veráns anteriores arrasara as terras de Alava. Galiza ata o momento era unha terra pouco coñecida para os musulmáns, pola que mostraran tamén pouco interese, pois que sepase só no primeiro momento da conquista un pequeno grupo de bereberes instalaranse no sur dela por un tempo moi curto.


Pero trala relevanza que estaba collendo por mor da tumba do apóstolo, era o momento de mostrarlle os galaicos cal era o único poder real na península. Para esta aceifa o emir escolleu dous afamados guerreiros andalusís, irmáns de sangue e irmáns na guerra, tratábase de Al-Abbas e Malik. Na mesma campaña tamén tentaban infrinxir un forte golpe o rei asturiano da época, Afonso II o Casto, o cal fomentou o camiño de Santiago e conseguiu unha certa unidade cos galaicos.

Seguindo o camiño chamado hoxe en día "portugués", que naquela sería o camiño que os peregrinos mozárabes farián para ver a tumba santa, Abd al-Rahman II divide o exercito en dous batallóns, un dirixido por Al-Abbas que foise por terras do Bierzo e adentrarianse en Galiza por vías que lindan con Lugo, este sería derrotado tamén por tropas galaicas preto do río Naharón en Chantada, posiblemente aquí si chegaria axuda das tropas do rei Afonso. 
En canto o outro continxente que é o que nos interesa, o de Malik, foise cara o norte pola antiga vía pola costa, cruzou o Miño en terras tudenses e seguramente remontou o curso do Tea e logo do seu afluente o Borbén ata terras case de Fornelos de Montes.


Alí a orillas do río Oitavén, seguramente algún día do verán do 825 tiveron a noticia de que había continxentes galaicos esperando por eles nas altas ladeiras da ribeira do lado de Ponte Caldelas. Estes continxentes e posible que a súa táctica será enganar e emboscar o exercito de Malik, para iso utilizarían o coñecemento do terreo. Tamén posiblemente estarian formados na súa maioría por lugareños dos redores e algunhas forzas máis reunidas dende outras terras. Seu líder, según os veciños actuais debíase chamar Vilariño ou algún nome similar, pois din que alí foi onde gañou a batalla e morreu na mesma Vilariño, que se atopa aterrado nunhas pedras do mesmo lugar, de hai o nome do lugar actual, "Chan de Vilariño"...

Detras da carretera, a zona coñecida como Chan de Vilariño, Anceu.
PD: Aqui remata a primeira parte da Batalla de Anceu, proximamente publicarase a segunda co desenlace da batalla e que prexuizos trouxo esta sobre a historia, saúdos!!

1 comentario:

  1. Nesa chan atopase un sarcofago tallado nunha laxe ,os do lugar chamanlle a tumba de vilariño.E tamen falan de lendas de mouras e de tesoros enterrados .Xa che mandarei unha foto da tumba .
    Segue a ilustrarnos,senon imos morrer na ignorancia.
    Gracias

    ResponderEliminar