miércoles, 30 de mayo de 2012

A festa tradicional da "corrida do galo"

A "corrida do Galo" era unha tradicional festa págana popular, aínda que nalgúns recunchos do val do Tea aínda celebrase como no serán de Toutón, na maioría das parroquias xa esta desaparecida e practicamente esquecida. Esta antiquísima festa pode ser orixe de moitos simbolismo de herdanza da cultura galaica, como o famoso galo de Portugal orixinario de Barcelos (preto de Braga).

 No concello varias parroquias aínda a celebraban fai menos de 50 anos atrás, encontrando información da de Fozara que a describían os arqueólogos Jose Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernanado Javier Costas Goberna a finais dos 70 cando foron facer un estudo do castro da Cidade de Caneira na mesma parroquia, a descrición di así.

Non fai moito tempo, cerca do lugar onde se sitúa o castro estudado, celebrábase unha tradicional festa págana, que consistía en sacrificar o galo máis fermoso da parroquia da forma seguinte: 
Primeiro se recollían gran cantidade de laranxas bravas, que se levaban o lugar onde celebrase o festexo, onde, despois de haberse colocado tódalas persoas en círculo, soltábase o galo e se procedía a "laranxear o galo". 
A continuación, a un dos mozos asistentes o sacrificio vendábanselle os ollos. Procedíase a aterrar o galo deixando só a cabeza fora e pondo o mozo a tres pasos del armado con un pau, co que debía darlle o golpe de graza, dándolle tres oportunidades para acertar, sendo sustituido por outro se non o conseguía. 
O final a comisión organizadora comíase o galo. O remate do sacrificio do animal , a comisión tiña preparadas unhas coplas satíricas atacando, nunha gran brincadeira, os defectos e actos de determinados veciños da comunidade parroquial. 

Esta festividade que describen celebrábase no entroido.
Na imaxe, celebración da conmemoración do "xuízo do galo" no entroido da parroquia de Prado.


Nesta festa tamén había variantes según as parroquias como en Toutón e Padróns. Nesta última, a variante era que o galo en vez de aterralo colgábase dun pau. Pola contra en Toutón tiña máis variantes, pois semella con máis antigüidade, primeiro se collía o galo máis fermoso e bravo da parroquia, despois se escollían un rei e unha raíña entre os xovenes máis agraciados. Despois se laranxeaba o galo e mandábase un xoven cos ollos tapados a tentar darlle a cabeza do galo aterrado, pero coa variante de que o golpe de graza tíñallo que dar o rei da festa. Por último saian a relucir as coplas satíricas do testamento do galo.

Na imaxe, nenos correndo o galo no serán da parroquia de Toutón, Mondariz.

Outras parroquias pola contra pese a que dende mediados do século pasado foise perdendo esta festa polo seu "paganismo" ou pola perda de tradicións das novas xeracións, foron recuperando esta tradicional festividade como o caso de Toutón e actualmente Prado, que a recuperou no 2011. Nestas novas celebracións xa non sofren o animal, simplemente e simbólico e fai pouco máis que xogar cos nenos. Pola contra engadíronse outras actividades como xogos populares e tradicionais.

Recordar que esta festividade estaba presente en moitas zonas da Galiza, sobre todo nas terras do sur preto da costa e norte de Portugal. Pero hai moito máis, pois na Bretaña na zona de Autrein, son varios os galos que se aterran ata o pescozo, e logo mortos coa súa sangue se marcan as catro esquinas da casa nova na cidade. Isto quere dicir, que existira ou non o que se chamou "cultura celta", esta e unha mostra máis entre o parecido e semellante que foron as chamadas culturas do norte do Atlántico ou célticas.

No video a corrida do galo da parroquia de Cobres, en Vilaboa nos anos 70.

2 comentarios:

  1. Es muy interesante lo que cuentas, no tenía ni idea de esta tradición, pero me parece un poco brutal con respecto al gallo... si se mantiene la tradición sin hacer daño de esa manera tan salvaje a un animal me parece bien, si no es así estoy totalmente en contra.
    Pero está bien conocer otras tradiciones que no conocía

    ResponderEliminar
  2. Si e unha bonita festa popular que agora apenas se conserva, en canto o galo nas que se están recuperando pasou a ser simplemente simbólico, pois como procede dunha festa pagana onde antigamente habia sacrificios de animais foi chegando asi, pero completamente de acordo que hai que adaptarse os tempos se recuperase a festa e que o galo pase a ser o simbolo, non a victima...saúdos!

    ResponderEliminar