miércoles, 25 de abril de 2012

Historia da luz en Ponteareas, a antiga central de Pardellas

No lugar de Pardellas, na Freixa (parroquia de Ribadetea) D. Antonio Sestelo Gayoso e D. Jose Gayoso Maquieira iniciaron a industria da luz en Ponteareas. Corria o ano 1895 e construese no lugar de Pardellas unha turbina para xenerar corrente eléctrica e asi suministrar Ponteareas.
Imaxe das ruinas da antiga fabrica da luz de Pardellas.

O 13 de xullo do 1895 chega a corrente eléctrica a Ponteareas, sendo o alcalde da vila Don Pedro Estevez Amil. A corrente ben suministrada dende a turbina da Freixa, que estaba situada o lado dunha molineira a cal traballaba a nivel maior e algo máis industrial que os típicos muiños da época.
Vista da fachada en ruinas da antiga instalación de Pardellas, na cal nos seus inicios tamén tiña unha muiñeira pegada a instalación máis antiga.

No 1902 se melloran as instalación de Pardellase colocandose unha turbina de 50 Kw. Nese ano tamén a antiga compañia formada por Gayoso Maquieira e Sestelo Gayoso pasa a unha sociedade únicamente dirixida por Antonio Sestelo.
Nove anos despois, no 1911 un incendio destrue a "molineira" que se atopaba pegada a antiga instalación de corrente eléctrica. Esta noticia saía publicada no antigo diario El Tea o 11 de febreiro do 1911 desta maneira:
"la rápida intervención del "chaufer" (chofer) del Señor Brey y los hermanos Covelo la salvaron de la quema del Señor Brey y los hermanos Covelo la salvaron de la quema." 

Non tiven tempo aínda de estudar a antiga molineira de Pardellas, pero parece polo que dí El Tea esta pertencia o señor Brey e os irmáns Covelo.

Interior ruinoso da antiga central, onde se pode ver aínda o fondo o resto dunha base dunha roda de muiño da antiga molineira de Pardellas.

Pouco despois do incendio da molineira, no 1913, comezan as obras da central hidráulica de Maceira (concello de Covelo), no lugar chamado O Monte dos Penedos. Dez anos despois, Antonio Sestelo recibe 8.500 kilos de cable para o tendido de corrente dende Maceira ata Ponteareas, colocandose en postes. Isto fai que a central de Pardellas xa no sexa a única que abasteza Ponteareas e a súa zona de ribeira do Tea.

Ruinas no interior da antiga central.

En 1925 a central de Pardellas pasa a mans Idelacio Estevez, e recibe o nome de Electra Pardellas. Asi pois o suministro de eléctrico de Ponteareas queda a cargo desta empresa e de Cental de electricidad de Ponteareas Antonio Sestelo e hijo, que suministran dende Maceira.

Desta maneira aguantou 23 anos máis a central eléctrica de Pardellas, ata o 1948, onde se queimou o dimano da instalación chegando o seu fin, pois a empresa Electra Pardellas decide parar de producir electricidade abandoando as instalacións, pero segue coa distribución adquerindo corrente de Unión Fenosa.

Monumento coa antiga turbina feito no seu centenario o 13 de xuño de 1995, recordando a antiga central de corrente de Pardellas a cal se atopa en ruinas detras en a Freixa, Ribadetea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario