Al-Manṣūr billah, O victorioso por Alá, máis coñecido por "Almanzor", foi un caudillo da Al-Andalus musulmán nos tempos do Califato de Cordoba. Sabese que naceu entorno o ano 938 e morreu o parecer no 1002 en Medinaceli (Soria) aínda que este dato non esta moi claro polo de agora.
Conseguiu ascender o poder do Califato no ano 976 trala morte do califa Alhakán II e a sucesión de seu fillo Hisham, moi novo aínda para gobernar, o que aprobeitou Almanzor para facerse tutor deste e desa forma gobernar o Califato. A Hisham encerrouno no palacio de Medina Azahara (Cordoba) con todos os luxos e praceres para telo ali entretido.
Retrato de Almanzor.
No 8 de outubro do mesmo 976 Hisham nombrou a Almanzor primer ministro, co cal atopouse case co poder absoluto do Califato. Comezaba asi un novo periodo para Al-Andalus, caracterizado polas constante "razias" (campañas) de castigo contra os reinos cristiáns do norte.
Almanzor reuniu un reducido pero poderoso exército de mercenarios, co cal sembrou o pánico nos reinos cristiáns facendo un total de 56 razias entre os anos 978 e 1002.
Destacan as que arrasaron no 981 Zamora, 985 Barcelona, 986 Coímbra, 988 Sahagún e Eslonza, 997 Braga e Santiago de Compostela, 999 Pamplona, 1000 Batalla de Cervera e 1002 San Millán da Cogolla.
Ilustración da época do exercito musulmán.
Pero a máis simbólica sen dubida foi a que arrasou no verán do 997 Santiago de Compostela, mandando seu obispo Pedro Mezonzo evacuar a cidade. Nesta razia Almanzor destruiu por completo o templo prerroman existente na cidade, só respetando aínda non se sabe moi ben ó porque a tumba do apostolo.
A lenda conta que os prisioneiros cristiáns cargaron as campás do antigo templo de Compostela ata Cordoba, onde foron colocadas na mezquita como lámpadas. Dous séculos e medio despois, serián prisioneiros musulmáns quen as voltarián cargar ata Compostela despois de que Fernando III o Santo as recuperara.
Antigas Campás de Compostela que Almanzor levara para Cordoba.
Nesa mesma campaña contra Braga e Santiago, o cronista musulmán Ibn Idhari narra un estrano suceso ocurrido moi preto destas terras, seguramente neste val do Tea no camiño de Almanzor coas súas tropas dende Braga cara Santiago. O episodio conta o seguinte.
Preto das ribeiras do Miño, nunha noite moi fría e cando o vento zoaba e a chuvia ía a máis, Almanzor chamou a un cabaleiro da súa tropa e ordenoulle que fora o desfiladeiro de Taliares (probablemente na zona de Salvaterra de Miño) e que, unha vez alí, detera o primeiro transeúnte que por alí pasara.
O cabaleiro obedeceu e apostouse no desfiladeiro toda a noite, montado no seu cabalo e soportando o frío, o vento e a chuvia. Pouco antes do mencer, apareceu polo desfiladeiro un velliño decrépito montado montado nun asno e cargado de aparellos para a leña.
O cabaleiro interrogouno preguntándolle onde ía, e o velliño respondeu os seus labores de cortar leña. O cabeleiro pensou qué podía querer almanzor dun pobre velliño na busca de leña polo monte, e deixouno marchar.
De seguida reflexionou e, temendo a severidade de Almanzor por non cumplir as ordes, deteu o velliño e levouno ante Almanzor. O velliño clamaba pola súa liberdade ó cabaleiro: "¿Que pode querer Almanzor dun velliño coma min?, no nome de Deus, deixame marchar".
Pero o cabaleiro negouse e conduciuno ante o ministro, que non durmira en toda a noite. Almanzor ordeou rexistrar ó velliño, e resultou que lle atoparon unha carta na albarda de seu asno. A carta procedia duns cristiáns que entraran a servir no exército andalusí e que se comunicaban cos seus correxionarios para traizoar a Almanzor e atacar as tropas musumáns nun lugar designado.
O chegar o mencer almanzor fixo decapitar a todos eles, ós soldados traidores e ó que se fixera pasar por leñador.
Mezquita de Cordoba.
Esta misteriosa e curiosa anecdota enriquece máis a historia e folclore deste val, no que o famoso Almanzor pasou por este estrano episodio.
Almanzor morreu os 73 anos seguramente por causas naturais, en canto o lugar da súa morte, áinda hoxe non esta moi aclarado pero seguramente foi en Medinaceli, no sur da provincia de Soria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario