viernes, 3 de junio de 2011

Cultura Castrexa: O Castromao (Guillade)

Asentamento fortificado situado na parroquia de Guillade no alto do monte Castromao, a 305 m de alitude e facendo linde coa parroquia de Santiago de Oliveira.

Este xacemento atopase nunha zona de explotación forestal, onde se fixeron repobocións polo que se deteriorou notablemente o recinto fortificado e seus redores. O asentamento atopase sobre un outeiro circular onde a superficie máis alta seria a zona habitacional e os redores as defensivas, estas aínda contan na zona este con restos de un parapetoe un posible foso. Nese sector tamén hai restos da posible muralla defensiba en moi mal estado e moi deterioradas.

O resto de liñas defensivas atopanse moi alteradas polas repoboacións forestais, facendose que se conserven na caida do outeiro restos petreos e das posibles murallas polo terreo dipersas pero moi deterioradas xa que crearonse socalquiños para unha máis doada repoboación.

No cumio, que é onde se asentaria a zona de vivendas esta moi deteriorada e altareda posto que s pasou unha excavadora para chandar mellor o terreo, revolvendo asi moitas pedras pertencentes seguramente as vivendas. Nom sabemos o grado de destrucción que causou esta excavadora, pero o parecer que por onde accedeu o cumio rachou algunha liña defensiva na parte sur, nesta apenas se viron restos petreos, poo que se cree que a primeira liña defensiva do poboado dende este seria máis ben un parapeto de terra, polo que nos pode indicar a antiguidade do xacenmento, sendo poliblemente preromano.
No cumio nalgunha esquina da parte este menos deteriorada se pode ver algún resto de vivenda ou estructura moi superficial. Pola zona aínda se conservan restos de pedras de mediano tameño e ata restos ceramicos sobre o xacemento.

Moi cerquiña, no mesmo monte se atopa as ruinas dunha capela medieval, e xunto esta os restos do que parece un antigo lagar no cal o lado hai dous petroglifos nunha pequena pedra erguida, todos estes restos os estudiaremos máis adiánte noutra reportaxe propia.

FICHA TÉCNICA

LUGAR: Castromao, Guillade

ALTIDUDE: 305 metros

COORDENADAS: LONX: 08º 26´25” LAT: 42º 10´56”

TIPOLOXÍA: Asentamento fortificado (Castro)

DATACIÓN: Idade de Ferro

ESTADO DE CONSERVACIÓN: Regular, con alteracións por labores de repoboacións forestais

CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio

PROPIEDADE: Privada ( mancomún)

Superficie do cumio do outeiro.
Restos da posible muralla pola parte este menos deteriorada.
Acumulacións petreos no cumio deteriorado por a acción de excavadoras.
Posible resto de vivenda ou etructura do poboado.
Vista aerea do asentamento fortificado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario