Despois de que nos comezos da primaveira nos fumigasen os ceos a diario avionetas deixando seu rastro de morte no ceo enchendo os campos de bechos, como a invasión que sufriu Ribadetea co becho da pataca, estes días voltou saltar a alarma con outro medio parecido que en teoria facia outro traballo.
Fai uns días un helicóptero voou moi baixo pola zona de casas durante un longo periodo, a excusa que estaba sacando fotos das casas. Ata ese momento todo normal, pero comezaron algúns veciños da parroquia a decir que viran que este helicóptero en cuestión soltara unhas pelotiñas pequenas, e decir, pequenas formas circulares de plastico que parecián conter algo dentro.
Nos seguíntes días a ese acontecemento os veciños de Ribadetea estamos sufrindo unha praga de carranchos (carrapatos) nos nosos cans. De un día pra outro case todos os cans da aldea pasaron de estar limpos a estar pragados de carranchos, algúns aínda foran desparasitados facia só uns días.
Aparte estes carranchos som de tamaño grande, pero nom creceron como soe ser de forma natural nos cans, senóm que algúns os extraes da pel do canido, os aplastas e comprobas que estan vacios de sangue, e decir que apareceron da nada e nom creceron na pel do canido.
Ante esta, e outras moitas máis os veciños de Ribadetea estamos fartos de que nos envelenen de seguido dende os ceos para que merquemos as dosis que nos venden os mismos que nos envelenan. Primeiro protexen os cans con leis pola súa dignidade animal, e agora permitese que sufra desta maneira anti-natural para seu bem persoal. O bem o levan uns poucos, e o mal o pagamos todos, politicos marionetas!!
ONDE VELAN AGORA OS POLITICOS POLA SAUDE E O AFORRO, ONDE??
No hay comentarios:
Publicar un comentario