As empresas Engasa, Dalkia, Eléctrica Sestelo e Deenma, que serán as acionistas da planta de biomasa que pretenden facer en Ribadetea anunciaron nos madeios, a Xunta e os politicos locais do beneficio desta planta no concello de Ponteareas. Pero máis olvidaronse de informar os afectados, os veciños.
Primeiro tentaron a trama de firmar coa Xunta en veran, para asi pasados os seis meses de alegacións que poideran ter encontra aparecer con todo tapado. E asi se presentaron en Ribadetea, sim case informar e co periodo de alegacións xa acabado sem nos saber o que se nos viña enriba.
Foi entón cando apareceron en pouquisimo tempo máis de cen alegacións en contra da planta no concello, entre veciños de Ribadetea, a asociación ecoloxista ADENCO e o PSOE de Ponteareas. Agora tentase que voltese abrir un periodo de noas alegacións, pois a poboación se definitivamente acabase instalando a planta nom teriamos nim voz nim voto de tela diante dos nosos fuciños.
Outra cousa que chamou a atención foi no proxecto que presentaron a Xunta, poidemos ver as fotos manipuladas que lles mandaron da zona, nas cales nom aparecen casas nos seus redores, só monte e as fabricas da Lomba, pois estas plantas teñen que estar a 1,5 Km das casas, cousa que esta esta ten o outro lado da carretera o barrio da Freixa.
Razóns que nunca veras nos medios de desinformación polas cales nom queremos biomasa:
- Primeiro, pola trama é enganos e ocultación a cal nos tiveron sometidos os veciños de Ribadetea, ademáis de planos manipulados e nom ter en conta a palabra do pobo.
-Segundo, por asentarse num sitio onde en teoria e ilegal montar máis naves, pois pouco a pouco creouse un poligono clandestino o cal nim dispon de boas carreteras, nim saneamentos e alcantarillados, onde todo vai parar o cercan Río Tea.
-Terceiro, por estar a 15 metros das casas, cando por lei marca que ten que ser 1,5 Km, aparte de estar a menos 0,5 Km do Río Tea, río o cal esta protexido pola Lei Natura 2000, o cal sufriria unha afección directa da planta. Tamén influiria no seu cauce, pois a planta necesita 600.000 litros mensuais, devolvendo as augas o río en temperaturas moi elevadas, o cal sería un desastre para a fauna e vexetación da zona.
-Cuarto, por nom dispor de carreteras axeitadas para ese tipo de transporte pesado as 24 horas do día, aparte da contaminación acustica e paisaxistica, pois farase unha chimenea de máis de 30 metros, todo num medio rodeado de casas veciñais.
-Quinto, pola liña de alta tensión que pretenden facer soterrada dende a planta a o receptor electrico de Bugarin de Sestelo (razon pola que a planta situarase nese lugar, pois esta en frente o outro lado do río). Dita liña ira soterrada por debaixo das vivendas de Ribadetea e Bugarin, e cruzara tamén soterrada o cauce de Tea.
-Sexto, pola contaminación que producira nos redores, aparte de que enchera todo de cinzas (pois queimarase sobre todo astillas de piñeiro) polo que variara o entorno e cheirara a chamusco. Tamén polas toxinas que soltara, as cales entre outras cousas probocaran a choiva acida, a cal súas nubes concentraranse no propio val do Tea. As consecuencias a medio prazo poden ser desastrosas para as colleitas, elevando a acidez da terra dos campos.
-Septimo, por enganar a xente dicindo que creara 200 postos de traballo. a planta só dispora de 17 postos de traballo, pa cal seguramente usarase o enchufismo. No resto como sempre contrataran empresas (pa transporte, talas nos montes...)
-Oitavo, pola posible tala descontrolada dos montes, que aqui por desgraza nom e nada novo, pois alimentaran a combustión principalmente de astilla de piñeiro e outras arbores. en principio dixeron de madeira residual dos montes, pero estas nom chegan nim pa nha semana, poo que e un perigo para nosos monte e para todos aqueles avariciosos que pensan que se van enriquecer talando neles. Tampouco descartaron queimar residuos fecais das granxas ou basuras.
-Noveno, por comparala coa planta de biomasa de Iberdrola en burgos, acal esta num descampado castelán e nom ten nada que ver co entorno desta.
-Décimo, por un pobo unido que di que nom, o cal o concello deberia apoiar, pois nos nom gañamos nada con iso hai e perdemos moito, pois nom nos dara postos de traballo nim nos baixaran a corrente un centimo por tela hai.
Agora ti decides. Pontareas Historia Viva, blogue comprometido co bem dos veciños da bisbarra.
Nom a planta de biomasa en Ribadetea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario