jueves, 11 de diciembre de 2014

Cultura Castrexa, O Castro do Couto (Areas)

Asentamento fortificado castrexo de importante tamaño situado na parroquia de Santa Mariña de Areas, en Ponteareas. O castro atopase a beira da estrada que une Areas con Guláns e mesmo foi danado por esta, foi construído aproveitando un outeiro ben marcado no terreo que ten na súa parte máis alta 110 m sobre o nivel do mar. Destaca que nas partes menos defensivas do outeiro construíuse un complexo sistema defensivo de foxos, parapetos e terrapléns.

Deixando o complexo defensivo para o final, imos co asentamento habitacional e o que nos chega a día de hoxe, dicir que o entorno esta totalmente tapado de arbores de folla caduca como castiñeiro e carballo polo que fai moi difícil na época do ano que estamos un rastrexo da zona por atoparse todo cuberto por follas, destacar tamén a presenza importante de maroteiro (madroño) no lugar.


Accedo o recinto por un camiño na cara noreste que se interna bordeando o parapeto ou terraplén principal do castro, tras subir este un atopase na principal terraza do poboado e maior , que vai dende a zona central ata a zona norte. Tamén na zona sur ten outra terraza inferior e outra máis pequena na cara oeste, ben delimitadas e socalcadas no terreo.

Sobre a terraza central atopase o cumio, no cal no alto tamén se atopa unha pequena terraza ben sobresaínte con pedras na que destaca un penedo na parte máis alta que fai de cumio, dende o cal se pode observar o val do Tea e o seu afluente o rio Xinzo. Este penedo na súa superficie ten cavada unha pía que limpei, seguramente vinculada o campo espiritual e de rituais dos seus antigos habitantes, nosos ancestros. Destacar tamén que baixo este penedo, na súa base hai unha pequena cova, a día de hoxe moi fozada pola presenza de xabaril.

Baixando pola cara sur pode observarse que o terraplén e máis pronunciado ata a terraza sur, onde atópanse as ruínas dunha antiga edificación datada do ano 1925 que tiña funcións comerciais. Nos redores de esta por movementos de terras máis actuais pódese observar restos dun muro moi antigo que poden corresponder a época castrexa. Dende esta terraza cae un profundo terraplén a estrada.

Dende a estrada, na súa cara este e tamén norte pódese observar como esta desfixo parte do complexo sistema defensivo de parapetos e foxos, que forman un complexo sistema nesta zona en forma de foxo-parapeto-foxo, sendo algúns de tamaño e altura desproporcionados, moi similar a outros castros do val do Tea con características de época romanizada. Tamén no lado norte pódese observar os restos dun longo foxo que bordea o xacemento.




Como conclusión resumindo nos atopamos ante os restos dun castro con características similares a outros da zona, conservando moi ben súas estruturas defensivas pero case nada das súas construción internas. Presenta unha base moi traballada polo que nos pode caracterizar que polo menos o que se conserva parece vir da época romanizada, inda que puido ter un orixe anterior.

FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Asentamento Fortificado (Castro)   
Lugar: o Couto, Areas (Ponteareas)
Altitude: 110 m

Cronoloxía: Posiblemente en período romano                 
 Propiedade: Privada, varios donos (polos marcos)
Catalogado pola xunta: Si GA36042035

Estado de conservación:  Abandoado,aterrado e danado nalgunhas zonas, inda que conserva ben súa estructura.
Conserva tradición oral: Sen datos

COMO CHEGAR

Na estrada que une Areas con Guláns nunha curva pronunciada dirección Guláns xunto antes de chegar o punto limpo, na man dereita podemos ver xa as alteracións dos terrapléns e parapetos, Xusto na curva do castro hai un ramal vello da estrada antiga en desuso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario