Situándonos moi preto
de Cillaga, na parroquia de Ribadetea (Ponteareas) nas terras do O Condado, situase
este impresionante outeiro pedregoso fortificado de maneira natural.
O monte do Castelo é
en si unha enorme formación baltolítica con penedos de grandes dimensións
rodeados de profundas ladeiras que o conectan coa Serra do Galleiro. Esta
formación defensiva natural do monte fixo que a día de hoxe, pese as
alteracións e destrucións que fixo unha canteira xa cerrada que estaba
instalada na súa cima, conserve aínda restos arqueolóxicos de diferente épocas
da antiguedade.
Na cima a 400
metros, dende a cal se vixía todo o val do Tea ata o do Miño e as serras dos
redores, no monte entre os grandes penedos topamos fendas con refuxios e covas
protexidas dos ventos, as cales fan que sexa un lugar de refuxio natural ou
vixiador perfecto. Xa seu nome, O Castelo nos da unha grande pista, pois este topónimo
nos di máis que un espazo natural moi defensivo, o cal o home da antiguedade o
soubo usar pese as dificultades de acceso e o hábitat no monte, o que me
recorda muito o castro de Vilar, no Courel.
Plano amateur do monte do Castelo
ANTECEDENTES
ARQUEOLOXICOS
Este monte xa fora
fonte de estudo pola empresa de arqueoloxía Antas de Moura (Tui), os cales
fixeron súa ficha e protección para patrimonio. Na súa campaña atoparon restos
cerámicos que ían dende a idade de Bronce o período romano, así como muitos
muíños de pequeno tamaño de man. Pero pola contra non toparon restos dun hábitat
humano fixo, polo que pensaron que súa función serviría de refuxio pola abundancia
de covas, e recordando que moi preto del pasa un antigo camiño que cruza o
Galleiro polo paso do Marco do val do Tea o de Mos, xa preto da Ría de Vigo (nun
pasado máis próximo esta ruta era o antigo Camiño Real). Tamén deron a
posibilidade que puidera ter un valor vendo a zona e as forma dalgunhas pedras
naturais de espazo para rituais. No período romano puxeron a hipótese de que o
monte servira de viaxiador, posiblemente da cunca mineira do Tea.
Panorámica do Val do Tea medio e alto dende o Castelo.
PRIMEIRA
EXPLORACIÓN DO MONTE DO CASTELO
Nesta primeira fase
de exploración do monte, noso obxetivo era ver o tamaño real da cima e os seus esporóns
na cara leste, os cales teñen forma de pequenas terrazas. Tamén de procura de
restos como materiais cerámicos e líticos para poder ver diferentes períodos de
poboación, inda que fose de maneira residual ou espontánea do lugar.
Subimos pola cara oeste
por un antigo camiño ata dar case na cima cun camiño de cemento que servía de
acceso a canteira, neste lugar topámonos baixo un enorme penedo coa primeira e
máis coñecida cova. Esta ten unha pequena entrada pero logo no interior faise
máis ampla, sendo un refuxio perfecto que se mira perfectamente seu uso como
tal nas marcas de lume moi antigas na pedra. Seguimos ascendendo pola pista de
cemento e chegamos a primeira cima, a cal pódese ver moi deteriorada polos
traballos da canteira con penedos cortados e restos de asfaltos e zaorra. Mesmo
así, nos topamos de maneira seme aterrada cun resto cerámico, tratase de tégula
romana.
Primeira cova refuxio entrando polo oeste do monte.
No alto que non
esta tan alterado pola canteira, podemos ver unha superficie rochosa con muitos
restos de pequenas pedras que algún día puideron ser parte dun asentamento,
entre elas descubrimos un segundo resto cerámico, este e máis ancho e con menos
cocedura co anterior, e ten máis restos de outros pequenos sedimentos líticos
incrustados, o que nos fai pensar que sexa de tipoloxía castrexa. No final
desta cima, entre enormes penedos, aparece un foso que separa unha cima da seguinte,
que é a máis alta.
Posibles restos supervivintes a canteira e foso que separa as dúas cimas.
Baixamos o foso
para acceder a parte máis alta onde se atopa un enorme penedo e entre as pedras
soltas pola superficie atopamos o que parece un pequeno muíño de man tallado, o
que parece tamén de tipoloxía castrexa.
Baixo o gran penedo na cima, dende o foso
aparece outra cova, na cal na entrada ten unha pequena pía escavada na rocha
cun pequeno desaugue, seguramente puido servir para esprimir algo no caso de
que sexa artificial. Esta cima pola dificultade dos penedos e a maleza e case
inaccesible, pero vemos un acceso (non doado) na cara noroeste baixando a unha
pequena terraza. Dicir que neste carreiro nos topamos entre a maleza cun
sospeitoso burato rectangular de 2 metros por 1 de ancho moi similar a unha
cata arqueolóxica.
Cova baixo o penedo da cima e na entrada posible cazoleta artificial con desaugue labrado.
Nesta terraza nos
atopamos un lugar incrible, cunhas vistas fermosas sobre a contorna na que tamén
se pode ver as paredes das ladeiras que protexen o monte. En canto as pedras,
nos sorprende unha cun diámetro de dous metros circular e de forma plana que
nos recorda a “Pedra de Abalar” de Muxía. Xusto o lado vemos unhas pedras
colocadas en forma de estrutura circular moi deterioradas que nos dan muito que
pensar (posible restos dunha vivenda castrexa). Tamén na superficie aparecen dúas
pedras alongadas de case metro e medio que parecen talladas, o que nos recordan
a mehires. Descubrimos tamén, entre os grandes penedos un estreito paso con
forma de pasillo que nos leva o interior deles, o acceso e moi complicado e
temos que facelo arrastrándonos de lado, pero logramos entrar. No interior,
entre os grandes penedos nos topamos outra cova fermosa, na cal nos sorprende
un fento de case tres metros estirado polo chan que nace no interior da cova e
se arrastra ata a entrada para buscar o sagrado sol, nesta cova tamén atopamos
restos na pedra de lume.
Pedra similar a famo "de abalar" de Muxía e posibles restor circulares de unha vivenda.
Pedras alongadas que parecen talladas similares a menhires.
esteitisimo paso entre penedos e cova interior onde se ven posibles pedras talladas.
Unha vez examinada
esa terraza, a cal esta chea de cazoletas que parecen naturais nos penedos,
baixamos a terceira e ultima terraza tamén na cara noroeste, a cal esta moi
cuberta pola maleza e ten unhas grandes pedras no final. Nesta terraza non
topamos nada arqueolóxico, pero dentro da xeoloxía nas pedras que mencionamos
antes aparecen repletas de cazoletas e con formas, algunha cazoleta de grande tamaño
parecese a unha autentica pisciniña.
MATERIAL ATOPADO
Dentro dos
materiais atopados destacar os dous restos cerámicos, un de tipoloxía romana (tégula)
e outro castrexo. Tamén o muíño de man de pequeno tamaño dentro do campo lítico
como se atoparan os arqueólogos de Antas de Moura. Nos queda en dubida a
función ou orixe do que parecen dous menhires e da famosa pedra similar a de abalar,
todo na mesma zona.
A esqueda resto de cerámica castrexa e a dereita tégula romana.
Pequeno muíño de man atopado.
PRIMEIRAS
CONCLUSIÓNS
Aparte da incrible
forma defensiva do emprazamento e súa abundante cantidade de refuxios e covas, neste
primeira investigación do monte coa aparición de cerámicas e o muiño de man nos
queda clara a presenza humana dende a antiguedade. Pero en canto o estilo hábitat
e de forma de poboación temos dubidas, de seguro que pola proximidade o camiño antiquísimo
que por alí pasa sería un refuxio perfecto de forma ocasional.
Agora se buscamos
un asentamento fixo, o que pode dar máis posibilidades sería un castro, de
poucos habitantes e moi similar o de Vilar no Courel. Este puido ter unha estrutura
que comezaría cunha croa na cima, a cal estaría separa en 2 por un foso, e
despois na cara noroeste duas terrazas a diferentes alturas seguidas e ben
comunicadas entre elas, totalmente rodeadas de profundas ladeiras. Nesta forma estrutural
restos de pequenas pedras pola superficie, restos de cantería antiga na cara
oeste e posibles pedras talladas e o foxo que separa as dúas cimas pode ser
unha pista, sen contar os restos dunha forma de vivenda circular que atopamos na
segunda terraza da cara oeste, as cales estás posibles terrazas tamén poden ser
testemuñas dese castro.
Da época romana
aparece tégula, pero pode darse a posibilidade de que utilizaran este monte
como vixiador das minas auríferas da cunca media do Tea, sobre as cales ten un
control visual perfecto.
Engadir, que cando
entramos na segunda terraza e accedemos polo estreito pasillo entre penedos o
interior dos penedos onde topábase unha cova, me recorda as antigas “neveiras”
dos castelos medievais, a isto sumar o foso entre as dúas cimas cando estaba alí
recordoume o monte do Galiñeiro na parte dos restos de seu castelo, pero só e
unha hipótese.
Recordar que este
monte esta moi alterado e destruído por mor da antiga canteira, e na
actualidade atopase moi cuberto pola maleza polo que non e nada doado rastrear
súa superficie.
Esperamos en breves
facer unha segunda campaña de investigación máis profunda no campo arqueolóxico,
xa que esta era máis ben de recoñecer o monte e ver que parte puideron estar
habitadas. Tamén agradecer as dúas compañeiras que me acompañaron nesta
aventura, espero que me acompañedes de novo pronto.
Está ben que se visiten os sitios arqueolóxicos, pero non se debe recoller o material que aparece en superficie pois dificulta posteriores traballos de campo.
ResponderEliminarUn consello. Collede o muiño e mailo material cerámico e pousadeo onde apareceu.
Saúdos,
BX
Levo anos atopando restos arqueolóxicos no concello e nunca collin nada, esperando iso, unha investigación dos lugares, levo anos facilitandolles o concello patrimonio danado, e nunca siquera unha resposta... De onde son eu (Ponteareas, O Condado) no último século apareceron restos importantes como bifeles, estatuillas e demais, uns nun principio acabaron no museo municipal, pero a día de hoxe a maioria estan en paradoiro desconhecido, seguramente no xardín de algún ricachon ou colección privada secreta....
EliminarEste monte antes era unha canteira na que a empresa pechou, quen dí que amanhá se deixo iso onde estaba non a volten a abrir e acabe como tanto patrimonio nun camión para reencher estradas.
Disto deberianse encargar as institucións e non eu, pero quen destrué máis patrimonio que as propias institucións¿? estradas, portos, licencias de urbanizacións... Se fora uns restos importantes che aseguro que sería o primeiro en declaralos, pero son restos secundarios comúns, e prefiro estudalos eu xa que nadie o fixo por agora e exponhelos no centro cultural de meu pobo que onde esta o Monte do Castelo os vecinhos para que os vexan e levantar consciencia da riqueza que temos, conhecela e protexela. Vexolle así máis enriquecedor os destinhos deses restos a que acaben nun camión no olvido ou baixo as cinzas dun incendio.
Ogalla un día poida haber unha investigación no lugar, e o terian moi doado pois se buscan na rede info do lugar a investigar xa apareceralle isto e eu entregareillos encantado e contareilles todo o que vin ali de todo corazón, pero mentras vexo máis productivo polo menos telos a salvo e que a xente comece a velos e darlle valos que tirados e tal vez cun futuro de desaparición para sempre.
Saúdos.
PD: o muínho de man atopamolo no medio dunha pequena escombreira da canteira, de quedar ali posiblemente se algún vecinho vai ali co tractor acabara nun muro ou tirado.
Eliminar