miércoles, 14 de mayo de 2014

Os Pasos de Tantín, un ancestro paso no Tea

O longo dos séculos a vida prosperou a ambas ribeiras do val do Tea,  transformando este nun insólito paraxe natural e histórico, cheo de patrimonio, historia, lenda e como dicimos algúns, máxico.  Pero un dos problemas que toparon os ancestros poboadores destas terras foi a forma de cruzar a fronteira natural do Tea dunha ribeira a outra, para elo sabemos que os romanos construíron unha serie de pontes como o de Cernadela ou as Partidas, e moi probablemente tamén o das Cons e dos Remedios. Pero a pregunta ben máis alá, como fixeron os anteriores para vadear as augas do Tea, pois temos importantes castros a ambos lados do cauce anteriores a conquista romana como o de Troña ou a Cidade de Caneira, como puideron facilitar o paso para ir de un poboado a outro, ou xa anteriormente.

Entre os concellos de O Covelo e Mondariz, no lugar de Foxaco, pode que se conserve inda perfectamente un destes “pasos” ou “poldras” que eses poboadores puideron construír e utilizar para facilitar a comunicación entre ambas ribeiras do Tea.
Os pasos de Tantín atópanse nun fermoso paraxe encaixado nun val cerrado sobre o Tea, esta formado por máis dunha véntena de pedras perfectamente talladas e suxeitas baixo as augas do Tea de forma seguida unha detrás da outra.

Co paso do tempo estes pasos non só foron utilizados para vadear o Tea, senón que tamén pasaron o uso pesqueiro en forma similar as pesqueiras, sobre todo para a pesca da afamada lamprea do Tea, troitas ou ata salmóns, facilitando así a importante base económica que existiu no Tea con respecto a pesca fluvial. Aínda só fai un par de décadas podíase ver case a diario xentes da zona cruzando con seu gando polos pasos.

Muitos estudosos dos pasos aseguran seu orixe romano, pero outros o levan ata o neolítico, a aqueles habitantes que construían monumentos funerarios como as famosas mámoas, cousa que simpatizo con ela. No lugar tamén atopase un muíño en bastante bo estado nesta fermosa paraxe (como outras muitas que temos na ribeira do Tea) que fan que aparte de sitio histórico e natural, danlle un toque de máxico.


FICHA TÉCNICA

Tipo de ben:  Ponte ou paso fluvial   
Lugar: Foxaco, Mondariz-O Covelo

Cronoloxía: Descoñecida, inda que algús a situan no periodo romano ou anteriormente dende o neolítico.                 

Estado de conservación: ben conservado.
Entorno: O lugar atopase nunha fermosa paraxe nun cerrado val sobre o Tea, conserva tamén un muíño.

COMO CHEGARDe Mondariz pobo coller a estrada que vai cara Lougres e O Covelo, a uns 3 kilometros despois de subir pola estrada na zona alta, a man esquerda na entrada dun camiño esta senalizado cunha sinal de cor marron. Baixar ese camiño de terra ata o río.

2 comentarios:

  1. Poldras é o nome que também usamos aqui no Norte, tanto no Alto Minho como em Trás-os-Montes.

    ResponderEliminar
  2. intreresante sabelo Antonio, saúdos!!

    ResponderEliminar