Triste noticia, pois para moitos a Serra do Galleiro e moito máis cunha
serra, e nosa serra mai, onde de pequenos medramos a súa sombra, onde nos
levaban nosos familiares para contemplar o fermoso val do Tea onde vivimos...
Agora a historia se repite, 1990, 2005 e 2013 as lapas do lume tinguen a
nosa querida serra de escuro e tristeza, sen vida nin aire puro que respirar. Maldicimos
unha vez máis os enfermos que prenden lume na mai terra, así como os que o fan
polo negocio dos cartos, pois estes son máis enfermos aínda.
Pero estamos no de sempre, lamentamos cando acontece a desgraza pero non a
previmos, isto xa o sufrimos no 1990 e no 2005, pero non tomamos ningunha
medida, que esperamos cando os responsables dos montes teñen un 80% destes de
toxais e eucalipto, a desgraza pode caer simplemente cun vidro e a Serra do
Galleiro e todos os que a habitan voltan a tremer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario