Pontareas, o nome oficial do pobo e “Ponteareas”, ou pola
contra castelanizado en Puenteareas ou máis galeguizado en Ponte Areias, pois
ben, en moitas zonas do concello sobre
todo en núcleos máis rurais utilizan o topónimo de Pontareas, que ben sendo un
diminutivo perdendo o primeiro “e”. Hai un colectivo futboleiro do club Cultural
Areas que colleu este topónimo para seu nome, Horda Pontareán.
Monico, este refírese a un recipiente de uso maioritariamente agrícola que son as tinas ou capachos. Neste caso, “o monico” e característico practicamente só das terras e vales do O Condado.
Carripano, e unha forma moi peculiar de chamar en estas
terras os tradicionais vehículos agrícolas dos chimpíns e motocultores.
Fasto ou fasco, moi popular nesta zona, e como se chama as
follas secas xa caídas dos piñeiros, o coñecido “bullo” que se usa nos magostos
para asar as castanas. Moito máis usado “fastos” que “fasco”.
Pateiro, nome co que se coñece aquí o tradicional xogo da “billarda” ou “xogo do
pau”. O pau que se usa para bater e coñecido tamén como “pateiro”, que dálle
nome o xogo.
A cabra do monte, paxaro mitolóxico relacionado coa cultura da
morte, aquí moi popular no rural do O Condado. Neste caso se di que cando canta
este paxaro polas noites vai morrer unha persoa na zona onde canta. O paxaro se
atribúe o canto das aves nocturnas coma o moucho, a curuxa ou outras aves
nocturnas rapaces. Outros nomes que se atribúen noutras zonas da Galiza son “a
cabra do aire” ou “avelaione”.
Estantiga, nome galego tradicional que refírese a espírito,
pantasma ou espectro. Mentres noutros lugares do pais foi desaparecendo pouco a
pouco aquí no rural conservase sendo moi utilizada esta palabra.Moro, neste caso do galego “mouro”, que eran os antigos habitantes dos castros, mámoas e derivados da antiga cultura galega tradicional ou céltica. Dicir que mentres noutros lugares do pais seguen chamándolle polo correcto nome de mouro, aquí pasou a chamarse a “moro” ou “os moros” referíndose nas lendas e restos onde viviron os antigos mouros, que non ten nada que ver cos actuais musulmáns, pois o único que tiña en común e que ambos eran pagáns o cristianismo.
Pouco a pouco iremos sumando palabras características na fala do O condado
e sumándoas a este pequeno dicionario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario