lunes, 19 de diciembre de 2011

Parroquias: San Mateo de Oliveira, a San Mathei da antiga parroquia da Ulvaria medieval.

Esta parroquia atopase na zona sur-centro do concello e fai linde polo sur co concello de Salavaterra, o Este coa parroquia de Celeiros, o norte coas parroquias de Arcos, Fontela e Angoares e no oeste con Moreira.

Ten unha superficie de 4,7 Km cadrados e tiña unha poboación de 579 habitantes no 2009 divididos en oito núcleos, poboación que diminuíu do censo do 1999 onde tiña 630 habitantes. Esta enclavada nunha zona chán a unha altura media de 110 metros, sin alturas significativas e bañada por pequenos reguatos fluviais.

Cabe destacar que formou parte da antiga parroquia medieval de “Uluvuvaria” ou “Ulvaria”, a cal compuñan as parroquias de San Mateo, San Lorenzo de Oliveira, Santa Cruz (desaparecidad) e Santiago de Oliveira. Esta antiga parroquia medieval como semella polo topónimo debía ter unha importante flora de oliveiras.

No lugar da actual igrexa, que foi construida no século XVIII polo bispo D. Domingo Fernández Angulo (1775-1796), atoparonse posibles restos dunha antiga necrópole medieval. Tamén na época medieval hai unha referencia no ano 1156 a "San Mathei no lugar de Ulvaria".


Igrexa de San Mateo do século XVIII, debaixo desta toparonse restos dunha necropole medieval.

Pero a historia desta parroquia é anterior, pois no lugar O Casal, onde na actualidade se atopa a capela de San Amaro, hai restos dun antigo castro e posteriormente restos romanos. Os restos primarios do asentamento fortificado castrexo conservanse a día de hoxe con algunhas formas de foxos e terrazas moi deterioradas, no mesmo xacemento podianse topar antigamente anacos de cerámica e tégula romana (tella), ata distel decorado, pero sendo agora case inexistentes.
Sen case sair do promontorio onde se asentaba o antigo castro, subindo por unha pista de terra atopouse outra zona
tralo movemento de terras de restos romanos máis abundates. Nese lugar durante a contrucción dunha casa unifamiliar localizaronse materiais romanos dispersos coma tégula, cerámicas e algún restos de ánforas. Esta segunda zona pode ser que tratarase dun asentamento rural romano a continuación do recinto do castro de San Amaro.

Vista o promontorio onde se atopan os restos do Castro do Casal, como se pode ver aínda que moi deteriorado a zona aínda conserva unha estructura castrexa de socalcos.

Outros sitios destacados son a antiga casa do reitoral, posiblemente do século XVIII, o cal nos chega a día de hoxe como un gran exemplo da antiga casona tradicional Galega. Recinto tamén pintoresco preto da igrexa é o colexio e un cruceiro.

Colexio de San Mateo.
Antiga casa Reitoral, do século XVIII.

Actualmente San Mateo atopase ben comunicada e a pouca distancia do núcleo de Ponteareas, pasando por ela a autoestrada das Rías Baixas. Posúe industrias como un aserradeiro de pedra, industria da madeira e tamén de destilación de bebidas alcohólicas.

Ten festas a Virxe do Carme cunha romaría concurrida, e tamén a San Mateo e San Mauro.


Vista a San Mateo actual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario