Petroglifo situado na zona do Monte Aberto na parroquia de Ribadetea, moi cerca de Padróns. Este petroglifo esta feito sobre pedra de tamaño medio para este tipo debuxos rupestres, que se atopa no medio de outras pedras de menor tamaño nun socalco sobre o Río Cillarga.
Os restos atopanse moi deteriorados e gastados, aparte de iso moi afectados pola man humana xa que nas inmediacións estiveran explanando o terreo e por esa causa atoparase o petroglifo. Neste momento se atopa en total abandono e moi cuberto pola vexetación (sobre todo musgos).
O petroglifo tratase de un debuxo indeterminado pois conservase so unha parte do que poido ser o petroglifo no seu día, quedando asi nunha parte da pedra un grupo dunhas 14 cobiñas facendo algunhas composicións entre elas, mesmo temos unha detro dun circulo que logo alargase cunha especie de cruz latina. Logo aillada na outra parte da pedra nos topamos con outra coviña solta.
No lugar polo mal estado de conservación e abandono só se pode percibir a simple vista as coviñas de maior tamaño, quedando o resto do petroglifo invisible a vista humana.
Este petroglifo non se atopa nunha zona aillada de máis restos da mesma etapa histórica, xa que a menos dun kilometro monte arriba nos tópamos cos petroglifos do O Charco, xa na parroquia de Padróns os cales presentan bastante similitude a estes. Tamén aínda máis cerca na mesma zona do Monte Aberto toparonse restos de cerámica dispersos pola estrada que une Pazos de Borben e Ponteareas (PO-7201) o igual que na zona coñecida como O Miñoto, pouco máis arriba. Añadir ademáis as interesantes dúas fosas que se descubriron entre este Petroglifo e os do O Charco, as cales presentaron restos cerámicos e de carbóns, sendo posiblemente restos de un asentamento o ar libre datado do Calcolítico.
Para chegar o lugar do petroglifo o máis doado e no alto do Monte Aberto desviarse da estrada PO-7201 pola pista forestal que se atopa debaixo do antigo circuito de gincanas no comezo dunha curva cerrada dirección Padróns. Unha ver nesta pista forestal avanzar entorno uns 200 metros ata atopar a man ezquerda un socalco descampado de arbores sobre o Río Cillarga, este atopase semi cerrado por unhas vigas de cemento separadas e no seu final comeza de novo un piñeiral, pois xusto hai atopase o conxunto de pedras que vemos na foto de arriba pegadas a pista forestal.
FICHA TÉCNICA
LUGAR: Monte Aberto PARROQUIA: Ribadetea (Ponteareas)
ALTITUDE: 75 Metros COORDENADAS: Lon: 08º31´48” Lat:42º12´49”
TIPOLOXÍA: Representación gráfica o ar libre
DATACIÓN: Calcolítico/Idade do Bronce
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio
PROPIEDADE: Privada
No hay comentarios:
Publicar un comentario