Súa situación non foi escollida por escoller, pois foi construida por un proposito, asediar o castelo do Sobroso, sobre o cal tiña unha panorámica perfecta.
A seu terreo ocupacional xa estivera ocupado con moita anterioridade, pois na Idade de Bronce xa hai indicios de haber habitantes emprazados nesa zona.
Posteriormente contruiriase un castro nese lugar que chegaria tempos da romanización ben entrados, conservando na zona un riquísimo valor arqueoloxico pola gran cantidade de restos cerámicos esparcidos pola superficie. Desta época aproveitaron no século XV seus parapetos, foxos e pedras para a construcción e defensasas da fortaleza.
O motivo da construcción da fortaleza foi por guerras nobiliarias entre os de Soutomaior e Sarmiento que tiña como fin a posesión do castelo do Sobroso.
Temos datos destas loitas nobiliarias entre as dúas familias que nos din que tras as revoltas irmandiñas, Diego García Sarmiento da casa ribadaviense dos Sarmiento reconstrue a fortaleza do sobroso que fora tirada polos irmandiños. Pouco despois o famoso Pedro Madruga a recupera para a casa dos Soutomaior pero por pouco tempo, pois co seu encarcelamento en Benavente (1477-1478) os Sarmento voltan a ocupar o castelo do sobroso.
Unha vez libre Pedro Madruga, voltou tentar recuperar as súas posesións perdidas, entre elas o Sobroso. Para elo construiu a fortaleza da Picaraña moi proxima o Sobroso e gardeceuna con 5.000 infantes e 1.000 cabaleiros. Mesmo asi non foi capaz de tomar o Sobroso e pouco despois os Reis Católicos a mandarian derruir no 1482 como outras moitisimas da Galiza, incluida tamén a do sobroso. Desapareceria asi a fortaleza da Picaraña, que tivo só catro anos de vida, pero polo visto moi intensos.
Outra lenda da zona nos di que dende a fortaleza da Picaraña montaron unha gran catapulta sobre a torre do homenaxe, a cal asediaba seguido o castelo do Sobroso, chegando a deixa este case destruido.
Outro dato historico desta época escrito nos chega que di: "Liberado el conde de Camiña de su prisión de Benavente en la primavera de 1478, vuelve a sus solares dispuesto a recuperar posesiones y castillos perdidos durante su cautiverio, y para conseguir el de Sobroso, nos
dice Vasco de Aponte: "... y levantó ao pé de Sobroso a Picaraña..." Con el conocido decreto de los Reyes Católicos, mandado ejecutar por su gobernador en Galicia Fernando de Acuña en 1482, el castillo de Picaraña fue derribado".
En canto as estructuras conservadas, destaca os restos da torre do homenaxe sobre o Penedo da Anduriña (370 m), na cal conserva a perfección as escaleiras de acceso a esta e as marcas de anclaxe das portas. Sobre o penedo tamen se poden ver as marcas de asentamento no chan dos antigos muros da torre.
Xunto debaixo nos topariamos co patio de armas, que aínda conserva súa superficie socalcada e cun acceso que se conserva semi-pavimentado. No redor de este tamén topamos restos da murallas, a millor conservada pola cara oeste xusto debaixo do Penedo da Anduriña.
Máis abaixo noutro socalco rodeado de grandes pedras e foxos que sirvirián de murallas e defensas que o protexen do resto do monte, nos podiamos topar coa zona de establos do castelo. Destca aqui que a posible entrada seria dúas grandes pedras naturais en forma de porta con restos de defensa o seu redor.
Vista do Penedo da Anduriña sobre o cal se erguía a atalaia dende o patio de armas.
Marcas dos muros da torre do homenaxe sobre o Penedo da Anduriña.
Restos cerámicos castrexos que abundan sobre a superficie da antiga fortaleza.
Escaleiras de acceso a torre do homenaxe.
Restos da muralla na cara oeste pegados o Penedo da Anduriña na parte máis baixa.
Vista o antigo patio de armas.
Rampa de acceso pavimentada o patio de armas.
Posible antiga porta de entrada a fortaleza.
Vista dende o Penedo da Anduriña o castelo do Sobroso.
FICHA TÉCNICA
LUGAR: A Picaraña (no cumio), San Lourenzo de Oliveira
ALTIDUDE: 370 metros
COORDENADAS: LONX: 08º 28´36” LAT: 42º 11´27”
TIPOLOXÍA: Asentamento o ar libre, asentamento fortificado (Castro-fortaleza)
DATACIÓN: Idade de Bronce/Idade de Ferro/Medieval
ESTADO DE CONSERVACIÓN: Moi alterado, con poucos restos conservados
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Solo rústico de protección do patrimonio
PROPIEDADE: Privada ( mancomún)
No hay comentarios:
Publicar un comentario