Unhas das pegadas que nos deixaron os romanos no noso concello foron restos de minas auríferas nas ribeiras do Río Tea. O Tea sempre tivo a fama de ser o segundo afluente máis importante do Miño, e tal vez esa fama ben de esta época xa que polos restos que nos chegan a día de hoxe, debeu ser un importante lugar de extracción de ouro.
Os romanos usaron nestas terras a tecnica de "ruina montium", táctica que consistia en construir canles de auga que arrastrasen grandes cantidades de terra, as cales eran depositadas logo para extraer as pepitas. O lugar máis significativo onde usaron esta técnica foi nas famosas Medulas, no Bierzo.
Restos das canles da mina da Ponte, por detras do Cash Record.
Temos asi no cauce medio do Tea un importante patrimonio mineiro, dos cales se conservan restos de tres pontes romanas a moi pouca distanza entre si posto que están en plena zona aurífera. Tamén conservamos castros mineiros romanizados nesta zona como o Castro da Croa en Ribadetea. Outros castros parecidos que se atopan nese tramo mineiro serián o das Balsadas en Areas ou o das Searas en Angoares, e ata moi posible que tivera algo que ver o desaparecido que se atopaba baixo a plaza do cabezón no casco urbano de Ponteareas.
Restos da mina da Moscadeira, Ponteareas.
Asi nos chegan restos de cinco minas nas ribeiras do Tea, a da Croa a só uns metros do castro na parroquia de Ribadetea, a da Ponte a un Km da última moi pretiño da Freixa, por detras do Cash Record. Apenas distante desta estaria a da Moscadeira e o outro lado do río as da Ribeira, no barrio areán de Ganade. Estas dúas no seu tempo seguramente seria unha soa mina de importantes dimensións.
Por útimo temos restos da das Covas, en Moreira, moi deteriorada pola autoestrada a cal lle pasa case na súa totalidade por enriba deteriorando importantemente este xacemento. Este foi o unico xacemento destas careacterísticas que levou un pequeno estudo antes do paso da autoestrada dirixido pola arquóloga V. Carmen Torres (Anta de Moura S.L) no 1994, descubrindo restos de canles e foxas.
Vistas dende o monte do Castelo, en Cillarga (Ribadetea) de onde posiblemente se viaxiaban as minas do Val do Tea.
As características que cumplen estas minas a simple vista son os restos dos foxos das canles que contrastan notablemente co entorno natural. Tamén se pode nomear o monte do Castelo en Cillarga (Ribadetea), onde en época romano o parecer foi unha zona de vixianza e seguramente seu control sobre o cauce medio do Tea serviu para vixiar estas minas. Destacar tamén a pouquiña distanza que se atopaba a Vila romana de Angoareas, que seguramente rexentaba estas explotacións.
O marco xeográfico no que se situan estas explotacons vai máis ou menos dende a parroquia de Ribadetea ata Moreira pegado a ribeira do Tea, aínda que pode ser aínda maior.
Moi pronto podremos estudalas unha por unha en outros articulos destas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario