jueves, 5 de agosto de 2010

Prehistoria: Paleloítico en Ponteareas

O Paleolítico e o periodo máis longo da Prehistoria e do ser humano neste mundo, calculase que abarca uns 4 millons de anos, e decir que dende o primeiro home ou primeira evolución do mono. Estes foron os primeiros habitantes humanos do mundo, de nómades cazadores a pouco a pouco establecerse e traballar as terras e os minerais coma os metais. O periodo que o segue e o Neolítico, que é cando o home comeza a traballar a metalurxía e a establecerse en lugares fixos, sembrando terras e coidando o gando.

Na Galiza calculase que o Paleolítico empezaria fai medio millón de anos e acabaria entorno o 5.000 a 3.000 a.C, segun a zona. O parecer estas terras do sur xunto co norte de Portugal evolucionarián antes cas terras do norte da antiga Kallai (nome que lle deron os gregos a Galiza, primer nome coñecido destas terras), asi o demostra que ata agora o lugar onde se atopou o primeiro rastro de vida humana se encontra na Gandaras de Budiño, Porriño.

En Pontareas pese a que nunca se buscou nada temos restos importantes que se atoparon de casualidade, que nos fan pensar que estas terras eran rondadas habitualmente polos primeiros cazadores nómades da Galiza, os cales andaban dun lugar pra outro buscando caza e froitos.

O máis importante ata agora atopado no concello foi un bifaz (antigo utensilio trallado prehistorico en forma de cuña acabado en pico que se soia por na punta dos paus ou empregado pa distintas tarefas). Este foi atopado no 1990 sumerxido nas augas do Tea moi preto da Ponte dos Remedios. Súa datación entornase o 14.000 a.C polo que é antiquisima, neste momento descoñezo seu paradeiro pero puden atopar uns debuxos nun antigo libro da historia de Ponteareas. Este bifaz xa o estudaremos máis adiante.

Outros restos desta longa étapa foron tamén a aparación nas orillas do Tea de novo, no seu cauce medio a altura da Freixa, Ribadetea, atoparonse varios restos de cuarcita e un bifaz discoide o cal tamén descoñecese seu paradeiro e datación.

Na Ponte das Partidas, Moreira, atopouse un hendedor e unha acuela raspadeira. Nos montes de Guillade, no de Albelle pra ser máis precisos atopouse dous bifaces posiblemente de traballos agricolas.

Por último tamén atoparase no barrio pontareán de Pedra de Auga un posible hendedor de cuarcita o cal decián que podia datar do 100.000 a.C, pero nom se sabe moito del, polo que pode ser unha simple lenda urban.

Nos redores do concello tamén atoparose restos abundantes, no mesmo Tea na súa conca alta, na parroquia de Maceira no covelo, atoparonse tres hachas de cuarcita. Todas estas pezas xuntas cas atopada nas Gandaras de Budiño e en todo o val do Miño e seus afluentes a ambos lados do río, fan unha rede e cultura moi similar entre os restos atopados. Esta rede podese ampliar as Rias Baixas pero descende a medida que avanza cara o norte, polo cal crese que súa base xeográfica era o Miño.

Debuxo do bifaz atopado sumerxido na zona da Ponte dos Remedios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario